miércoles, 26 de junio de 2013

LANZAMENTOS


Os lanzamentos consisten en tirar un artefacto o máis lonxe posible.  Hai moitos tipos de lanzamentos tales como: o disco, o martelo, o peso, a xavelina e a pelota.
O lanzamento de peso é unha proba de atletismo  moderna, consistente en lanzar unha bóla sólida de aceiro a través do aire a máxima distancia posible.
Os benxamíns  tiran cunha bóla de 1Kg, os alevíns cunha de 2Kg e os infantís cunha de 3Kg. A área do lanzamento é un círculo de 2´137m de diámetro, xeralmente de cemento. Na súa parte dianteira ten un borde de madeira, e quen salga por diante e sen que o peso toque o chan é nulo.
A zona onde cae o peso denomínase zona de caída, e ten un ángulo de 40 grados desde a área de lanzamento.
A primeira área de peso que se encontrou, é de un século a.C.
O este tipo de lanzamentos naceu como unha demostración  de forza nas competición tradicionais de Irlanda e Escocia. Antigamente lanzábase  cunha bala de canón, que pesaba 16 libras ,e tirábase dende un  cadrado de 7 pés.
Nos Xogos Olímpicos  en París, lanzábase dende unha plataforma rectangular  pintada no chan delimitada por cintas. O círculo actual, comezouse a utilizar a finais dese mesmo século.
Do noso colexio, participaron: Nerea, Kevin, David López Furelos, Roberto, Israel, Naiara, María Filloy e David García. Conseguiron clasificarse ao provincial:Naiara, María, Israel  e Roberto. Os únicos que lograron levar medalla foron: Naiara e María.
O lanzamento de xavelina é unha modalidade que se practicaba xa na antiga Grecia o redor do ano 708 A.C.
Actualmente  as xavelinas están feitas de fibra de carbono para que voe mellor e teñen a punta de metal cara que se clave con máis facilidade .
A xavelina mide para os homes  270 cm e pesa 800g; e para as mulleres  mide 220 cm  e pesa 600g .
Consiste en lanzar a xavelina o mais lonxe posible, intentando que a xavelina caia de pe e sen pisar unha raia que hai no chan, senón é nulo.
A xavelina só se lanza na categoría infantil, e este ano os únicos que participamos foron Martín Carrillo,  Iago Chas e Adrián  Vite. Martín Carrillo levou medalla no comarcal e foi ao campionato provincial,  aínda que no provincial tivo un mal  día e non se clasificou para o galego .
Como a xavelina e perigosa para os pequenos, nas categorías benxamín e alevín, fan o lanzamento de pelota.
Esta modalidade consiste en lanzar unha pelota de 200 ou de 400 gramos o mais lonxe posible.
Segue as mesmas normas ca xavelina, tes que tirala da mesma maneira, e no mesmo campo.  Aos alumnos da categoría benxamín gustoulles moito, e saíron varios campións: Samuel e Hugo, María Martínez e María Filloy, e sobre todo Yosi, que no campionato provincial foi capaz de lanzala a 32m.

David García, Martín Carrillo e  Yoseban Montoto




A continuación imos falar de dous lanzamentos nos que se precisa unha gaiola de protección porque son moi perigosos.
A gaiola utilízase como protector cando o lanzador lanza para non golpear aos xuíces ou ao resto de participantes. Tamén para que o lanzador non sufra danos.
A gaiola ten unha altura mínima de 8m, conta con paneis fixos de 2´8m de ancho  e paneis xiratorios que teñen 10m de alto.
A gaiola debe fabricarse e deseñarse de forma que a malla metálica deteña o martelo de 7´260kg movéndose a 32m por segundo. A saída da gaiola e de 40 graos.
O lanzamento de disco é unha proba do atletismo que ten o obxetivo da proba é lanzar o artefacto “disco pesado” o máis lonxe posible. Lánzase dende un círculo de 2´50m de diámetro para todas as categorías. Na categoría infantil, o disco pesa 800g.
Este ano competiron en  disco Martín Carrillo, Pablo Neira e Franklin Justiniano na categoría masculina, e na feminina Navia Rendo e Ionela Morariu.
Clasificáronse para o campionato provincial Navia Rendo, Martín Carrillo, Franklin Justiniano e Ionela Morariu.
O lanzamento de martelo é unha proba de atletismo onde se lanza unha bóla de metal unida a unha asa mediante un cable de aceiro.
O lanzamento realízase desde un círculo de cemento de 2´14m de diámetro, instalado dentro dunha gaiola de seguridade protexida cunha rede.
Todos os atletas realizan como mínimo tres lanzamentos, e as oito que conseguiran as oito mellores marcas teñen a oportunidade de tirar tres tiros máis (mellora) para superar a súa marca.
-Motivos de lanzamento nulo.
    Unha vez iniciado o lanzamento tocar con calquera parte do corpo a zona exterior do círculo.
    Saír pola parte de diante do círculo.
    Saír pola parte de atrás do círculo antes de que o martelo caia na zona de caída.
    Que o martelo caia fóra do sector ou sobre a líña que o delimita.
    Sobrepasar o tempo concedido para o lanzamento. 

 Este ano participaron categoría infantil femenino: Navia Rendo, Cristina Santaya e Ionela Morariu. As tres lograron chegar ao provincial e Cristina e Ionela foron ao galego. Cristina quedou campioa comarcal, e Ionela conseguiu gañar unha medalla no campionato galego cun lanzamento de case 22m: quedou terceira no galego!
Na categoría infantil masculino competiron Martín, Franklin e Adrián. Os tres conseguiron pasar ao provincial.

Franklin justiniano e Cris Santaya


No hay comentarios:

Publicar un comentario