Distinguimos varios tipos, as carreiras de velocidade, refírense a calquera das carreiras a pé máis cortas. Estas consisten en correr o máis rápido posible. Estas probas xa existían nas Antigos Xogos Olímpicos Gregos.
As distancias de estas carreiras varían segundo as idades dos participantes: para os benxamíns 50 metros lisos, para os alevíns 60 metros lisos, e para os infantís 80 metros lisos,150 metros lisos, 220 metros valados e 80 metros valados.
Neste tipo de probas, o atleta na saída encóntrase sempre incorporado, nuns apoios fixos na pista, pero se queres pódelos quitar.
O xuíz cando da a saída, o atleta lánzase a pista, e corre a tope ata a liña de meta, sendo fundamental unha boa saída.

O campo a través é unha carreira de fondo disputada nun terreo variado e irregular. Nós levamos moitos anos indo a competir a Touro. Unha carreira de campo a través, na que dependendo da categoría, dás unha volta, volta e media ou dúas voltas ao circuíto.
Este ano levaron medalla: Martín Vite Alonso, Sergio Barreiro Pico e Sara Lema Seoane.

As carreiras de medio fondo, chámanse así, porque dispútanse en distancias indeterminadas entre velocidade e as de fondo. É unha proba máis importante entre a carreira de velocidade pura e a de resistencia.
Nas nosas categoría a única carreira que hai deste tipo é a de 500m lisos. Este ano participaron en 500 metros lisos: Navia, Cristina Santaya, Antía, Maricarmen, Samuel e Hugo. Antía e Navia, quedaron moi ben, entonces clasificáronse para o provincial.
Navia Rendo
No hay comentarios:
Publicar un comentario