miércoles, 26 de junio de 2013

CAMPIONATO DE ATLETISMO


O sábado 20 de abril tivemos que levantarnos cedo para ir a competir á Pobra do Caramiñal, e fomos 40 persoas, case todos os do colexio, e por primeira vez, veu Luís a vernos.
Os infantís tiñan que elixir tres probas, e fixérono tan ben, que se clasificaron todos para o campionato provincial.
Os alevíns tomaron exemplo e tamén se clasificaron todos.
Os benxamíns, que ían por primeira vez, levaron moitas medallas: Samuel, Maricarmen,
María, Hugo…e fixérono tamén moi ben, Antía en 500 metros e Nerea en marcha.
Case todas as nenas benxamíns, dúas alevíns e dúas infantís foron a marcha, unha carreira
seguida doutra.
Todos animamos a Luzía e a Ionela para que acabaran pronto porque  xa tiñamos fame, e tivemos que esperar a que elas acabaran para poder ir comer. Despois, fomos moi famentos  á praia de Cabío, que quedaba cerca da pista de atletismo. Tivemos que comer moi rápido porque algúns tiñan probas ás catro.
A tarde pasou lentamente, pero gustounos moito porque nos divertimos, menos cando tivemos que esperar para marchar porque as probas retrasáronse e o autobús veu un cuarto de hora tarde.
No autobús pasámolo todos moi ben. E cando chegou a hora de despedirnos, non queríamos irnos!

Noelia Vázquez e Paula Vázquez

ATLETISMO


Agora imos facer un percorrido polas distintas modalidades de competición dentro do deporte do atletismo, e a participación do alumnado de CEIP de Ortigueira nas competicións en idade Escolar no presente curso 2012/13.
 O atletismo (en grego qlod [athlos], <loita>), é un deporte que contén un gran conxunto de disciplinas agrupadas en carreiras, saltos, lanzamentos, probas combinadas e marcha. É a arte de superar o rendemento dos adversarios en, velocidade ou resistencia, en distancia ou en altura.
O número de probas variouse co tempo e as mentalidades. O atletismo é un dos poucos deportes practicados universalmente, no mundo afeccionado ou en moitas competicións a tódolos niveis. A simplicidade e os poucos medios necesarios para a súa práctica explican en parte este éxito.
As primeiras competicións atléticas remóntanse as civilizacións antigas. A disciplina foi desenvolvéndose ao longo dos séculos, desde as primeiras probas ata a súa regulamentación actual.

 Fran Vilariño


CARREIRAS



Distinguimos varios tipos,  as carreiras de velocidade, refírense a calquera das carreiras a pé máis cortas. Estas consisten en correr o máis rápido posible. Estas probas xa existían nas Antigos Xogos Olímpicos Gregos.
As distancias de estas carreiras varían segundo as idades dos participantes: para os benxamíns 50 metros lisos, para os alevíns 60 metros lisos, e para os infantís 80 metros lisos,150 metros lisos, 220 metros valados e 80 metros valados.
Neste tipo de probas, o atleta na saída encóntrase sempre incorporado, nuns apoios fixos na pista, pero se queres pódelos quitar.
O xuíz cando da a saída, o atleta lánzase a pista, e corre a tope ata a liña de meta, sendo fundamental unha boa saída.
Nestas carreiras, cada un ten que ir polo seu carril, cun máximo de oito rúas, e mídese polo tempo de cada unha das series. Aos pequenos, gústalles moito ir a 50 metros lisos, porque é unha carreira curta, e quedan contentos por quedar primeiros e primeiras na súa serie, pero como se mide polo tempo, é moi difícil gañar e levar medalla. A pesar da dificultade e do grande número de participantes, Navia (80m e 150m) e Maricarme (50m) foron capaces de clasificarse para o provincial en probas deste tipo.
O campo a través é unha carreira de fondo disputada nun terreo variado e irregular. Nós levamos moitos anos indo a competir a Touro. Unha carreira de campo a través, na que dependendo da categoría, dás unha volta, volta e media ou dúas voltas ao circuíto.
Este ano levaron medalla: Martín Vite Alonso, Sergio Barreiro Pico e Sara Lema Seoane.
Nas carreiras de fondo (1000, 2000, 3000m), o importante é a resistencia e aguantar o ritmo para non quedar descolgado. A moitos nenos non lles gustan porque cansan moito e fánselles demasiado longas.
As carreiras de medio fondo, chámanse así, porque dispútanse en distancias indeterminadas entre velocidade e as de fondo. É unha proba máis importante entre a carreira de velocidade pura e a de resistencia.
Nas nosas categoría a única carreira que hai deste tipo é a de 500m lisos. Este ano participaron en 500 metros lisos: Navia, Cristina Santaya, Antía, Maricarmen, Samuel e Hugo. Antía e Navia, quedaron moi ben, entonces clasificáronse para o provincial.

Navia Rendo



A MARCHA ATLÉTICA



     A marcha é unha proba de resistencia que consiste en avanzar de maneira que sempre estea un pé en contacto co chan, e dicir, non se pode saltar. A perna que avanza ten que estar recta dende o primeiro contacto con chan ata que estea en posición vertical, en liña reta co corpo. Tamén se debe entrar de talón e, para ir mellor, e importante mover as cadeiras. Se dobras os xeonllos ou saltas, bótanche unha paleta amarela, que é coma un aviso, destas bótanche tres e, á cuarta, bótanche unha vermella e elimínanche.    
      Tamén che poden botar directamente a vermella se corres. Cando ves unha paleta vermella, estás obrigado a abandonar a pista.
     Esta proba realizouse por primeira vez en Inglaterra no século XVII. Nesta proba sólense facer 50 ou 20 km, pero a nivel benxamín faise 1km, alevín 2km e infantil 3km.
      Nas competicións escolares, nas categorías infantil e alevín, participa menos xente que en categoría benxamín, posto que é máis duro. Normalmente vai baixando o número de marchadores a medida que se van facendo maiores.
      Na nosa escola temos bastantes marchadores, sobre todo a nivel benxamín, categoría na que case todos pasaron ao provincial.
      Así, en nivel benxamín Sara Lema, Alicia Santaya, Naiara González, Nerea Miguélez, Sergio Barreiro e Javier Justiniano e, Noelia Vázquez e Paula Vázquez, en alevín; e por último en nivel infantil Luzía Méndez  e Ionela Morariu. Levaron medallas Sara Lema (primeira), Naiara González (terceira), Sergio Barreiro (primeiro) e Luzía Méndez (primeira), nos campionatos comarcales, e Sara Lema, subcampioa provincial, Naiara Gónzalez, terceira da provincia da Coruña, Sergio Barreiro, campión provincial e Luzía Méndez, subcampioa da Coruña. Como só hai campionato galego na categoría infantil, Luzía foi a única que se clasificou .

Luzía Méndez


OS SALTOS


No grupo de saltos englóbanse varias modalidades: 
         O salto con pértega xa o practicaban os gregos pero desenvolveuse a finais do século XVII en Alemaña durante as competicións de ximnasia, pois as técnicas de salto e os materias melloraron moito. As pértegas de bambú, utilizadas nos xogos de 1900, foron substituídas por pértegas de fibra e vidro en 1956, e, despois polas de fibra de carbono utilizadas na actualidade. 
O salto de pértega consiste en saltar por encima do listón coa axuda dunha vara longa chamada pértega. Tanto o lanzamento de martelo como o salto non estiveron incluídos para as mulleres ata os Xogos Olímpicos de Sidney no 2000. 
Nas competicións escolares, nós non participamos nesta modalidade porque non temos material nin sitio para adestrar. En esta proba só poden competir de infantís para arriba. 
         O salto de lonxitude existe desde a antigüidade, pois, xa o practicaban os gregos nos antigos xogos. O salto de lonxitude consiste en saltar desde unha raia a un foso de area. Primeiro talónase, despois colles carreira e saltas, sen pisar a raia, ao foso. Mídese desde a parte que quede máis preto da liña. O que máis lonxe chegue gaña. 
Nesta proba foron competir da categoría benxamín: Ana, Nerea, María, , Alicia, Sara, Javier, Manuel, Anxo, Sergio e David. Da categoría alevín David e de infantís Luzía. 
Sergio clasificouse para o provincial no que quedou de 4º.
O salto triplo é unha variante do salto de lonxitude. Consiste en, como o seu nome indica, despois da carreira, dar tres saltos antes do salto final ao foso. Como na lonxitude, se pisas a liña é nulo. Os dous primeiros saltos fanse cun mesmo pé, á pata coxa e, o terceiro co outro pé.
Facía moitos anos que ninguén se apuntaba a triplo, pero este ano animáronse a competir: Iago, Cristina e Pablo (os tres infantís). Lograron clasificarse para o provincial, aínda que este ano había moito nivel nesta especialidade.
O salto de altura é de orixe céltico e xermánico. Incorporouse por primeira vez  na competición en 1840. As regras son, despois de talonar a carreira, saltar unha barra horizontal (listón) o máis alto posible sen tirala.
A técnica de salto desenvolveuse no século XX. A tesoira e o rodillo foron dúas técnicas moi usadas polos saltadores ata a chegada en 1968 do estilo Fosbury (inventado por Dick Fosbury), utilizado na actualidade.
Aos rapaces do noso colexio encántalles practicar o salto de altura, e este ano competiron moitos: na categoría benxamín: Martín, Sara, Maricarmen e María Martínez. Na categoría alevín: Yoseban, José Ignacio, Sara e Noelia, e de infantís: David, Iago, Cristina e Navia.
Para o provincial clasificáronse case todos, aínda que David e Iago decidiron participar en tetratlón.
Levaron medallas: Sara Lema, Maricarmen, Sara Martínez, Noelia, José Ignacio e Yoseban.
Os saltos de vallas en realidade, son unha invención  moderna e inspiráronse nas carreiras de obstáculos  da hípica.
Na categoría infantil, solo hai 220m.valados e 80m. valados.
A esta proba foron Iago (80 mv) e David (220 mv).
É moi importante non tocar os valados, porque se te caes algunha vez xa perdes o ritmo, aínda que Iago foi capaz de chegar á meta despois de tropezar na última valla.

Cristina Santaya e Ionela Morariu



LANZAMENTOS


Os lanzamentos consisten en tirar un artefacto o máis lonxe posible.  Hai moitos tipos de lanzamentos tales como: o disco, o martelo, o peso, a xavelina e a pelota.
O lanzamento de peso é unha proba de atletismo  moderna, consistente en lanzar unha bóla sólida de aceiro a través do aire a máxima distancia posible.
Os benxamíns  tiran cunha bóla de 1Kg, os alevíns cunha de 2Kg e os infantís cunha de 3Kg. A área do lanzamento é un círculo de 2´137m de diámetro, xeralmente de cemento. Na súa parte dianteira ten un borde de madeira, e quen salga por diante e sen que o peso toque o chan é nulo.
A zona onde cae o peso denomínase zona de caída, e ten un ángulo de 40 grados desde a área de lanzamento.
A primeira área de peso que se encontrou, é de un século a.C.
O este tipo de lanzamentos naceu como unha demostración  de forza nas competición tradicionais de Irlanda e Escocia. Antigamente lanzábase  cunha bala de canón, que pesaba 16 libras ,e tirábase dende un  cadrado de 7 pés.
Nos Xogos Olímpicos  en París, lanzábase dende unha plataforma rectangular  pintada no chan delimitada por cintas. O círculo actual, comezouse a utilizar a finais dese mesmo século.
Do noso colexio, participaron: Nerea, Kevin, David López Furelos, Roberto, Israel, Naiara, María Filloy e David García. Conseguiron clasificarse ao provincial:Naiara, María, Israel  e Roberto. Os únicos que lograron levar medalla foron: Naiara e María.
O lanzamento de xavelina é unha modalidade que se practicaba xa na antiga Grecia o redor do ano 708 A.C.
Actualmente  as xavelinas están feitas de fibra de carbono para que voe mellor e teñen a punta de metal cara que se clave con máis facilidade .
A xavelina mide para os homes  270 cm e pesa 800g; e para as mulleres  mide 220 cm  e pesa 600g .
Consiste en lanzar a xavelina o mais lonxe posible, intentando que a xavelina caia de pe e sen pisar unha raia que hai no chan, senón é nulo.
A xavelina só se lanza na categoría infantil, e este ano os únicos que participamos foron Martín Carrillo,  Iago Chas e Adrián  Vite. Martín Carrillo levou medalla no comarcal e foi ao campionato provincial,  aínda que no provincial tivo un mal  día e non se clasificou para o galego .
Como a xavelina e perigosa para os pequenos, nas categorías benxamín e alevín, fan o lanzamento de pelota.
Esta modalidade consiste en lanzar unha pelota de 200 ou de 400 gramos o mais lonxe posible.
Segue as mesmas normas ca xavelina, tes que tirala da mesma maneira, e no mesmo campo.  Aos alumnos da categoría benxamín gustoulles moito, e saíron varios campións: Samuel e Hugo, María Martínez e María Filloy, e sobre todo Yosi, que no campionato provincial foi capaz de lanzala a 32m.

David García, Martín Carrillo e  Yoseban Montoto




A continuación imos falar de dous lanzamentos nos que se precisa unha gaiola de protección porque son moi perigosos.
A gaiola utilízase como protector cando o lanzador lanza para non golpear aos xuíces ou ao resto de participantes. Tamén para que o lanzador non sufra danos.
A gaiola ten unha altura mínima de 8m, conta con paneis fixos de 2´8m de ancho  e paneis xiratorios que teñen 10m de alto.
A gaiola debe fabricarse e deseñarse de forma que a malla metálica deteña o martelo de 7´260kg movéndose a 32m por segundo. A saída da gaiola e de 40 graos.
O lanzamento de disco é unha proba do atletismo que ten o obxetivo da proba é lanzar o artefacto “disco pesado” o máis lonxe posible. Lánzase dende un círculo de 2´50m de diámetro para todas as categorías. Na categoría infantil, o disco pesa 800g.
Este ano competiron en  disco Martín Carrillo, Pablo Neira e Franklin Justiniano na categoría masculina, e na feminina Navia Rendo e Ionela Morariu.
Clasificáronse para o campionato provincial Navia Rendo, Martín Carrillo, Franklin Justiniano e Ionela Morariu.
O lanzamento de martelo é unha proba de atletismo onde se lanza unha bóla de metal unida a unha asa mediante un cable de aceiro.
O lanzamento realízase desde un círculo de cemento de 2´14m de diámetro, instalado dentro dunha gaiola de seguridade protexida cunha rede.
Todos os atletas realizan como mínimo tres lanzamentos, e as oito que conseguiran as oito mellores marcas teñen a oportunidade de tirar tres tiros máis (mellora) para superar a súa marca.
-Motivos de lanzamento nulo.
    Unha vez iniciado o lanzamento tocar con calquera parte do corpo a zona exterior do círculo.
    Saír pola parte de diante do círculo.
    Saír pola parte de atrás do círculo antes de que o martelo caia na zona de caída.
    Que o martelo caia fóra do sector ou sobre a líña que o delimita.
    Sobrepasar o tempo concedido para o lanzamento. 

 Este ano participaron categoría infantil femenino: Navia Rendo, Cristina Santaya e Ionela Morariu. As tres lograron chegar ao provincial e Cristina e Ionela foron ao galego. Cristina quedou campioa comarcal, e Ionela conseguiu gañar unha medalla no campionato galego cun lanzamento de case 22m: quedou terceira no galego!
Na categoría infantil masculino competiron Martín, Franklin e Adrián. Os tres conseguiron pasar ao provincial.

Franklin justiniano e Cris Santaya